Birimbao na actualidadeO grupo que hoxe conforman seis músicos con camiños diferentes e con ampla experiencia, é hoxe un grupo cheo de gañas por expresar o seu modo de sentir a música galega. Mesturan os instrumentos galegos, gaita, pandeireta con outros modernos coma a batería e o baixo electrico formando así unha riqueza de sons que transmiten nos seus concertos. Incluíndo ritmos tan diversos coma rock, jazz...

A estética musical de BIRIMBAO tén sempre como referencia a música tradicional e popular de Galicia, sen que isto queira dicir que estemos deixando de lado outras fontes como pode ser a música tradicional irlandesa, a escocesa (polo norte) e a portuguesa (polo sur).

Queremos deixar moi clara a nosa disposición a investigar novos sons e ritmos aos que xunguir os autóctonos do noso pais, ainda que sen perder nunca a nosa esencia, a música galega.


MABEL L. CASTRO mabellcastro@birimbao.net
voz, frauta traveseira, frautas de pico, whistle e pandeiretas


CHEMA LORENZOchemalorenzo@birimbao.net
contrabaixo, baixo eléctrico, teclados

 


PEPE MATO pepemato@birimbao.net
acordeón diatónico e acordeón piano

 


ALBERTO CAMBA albertocamba@birimbao.net
batería e percusións

 


MANUEL CARIDAD manuelcaridad@birimbao.net
violín, gaitas e percusión tradicional

 


MANOLO GESTO manologesto@birimbao.net
guitarra eléctrica, guitarra acústica e voz

 

A historia dunha xuntanza Alá polo ano 1999 nace Birimbao na cidade da Coruña. Os seus comezos foron adicados a música popular galega, movéndonse en pezas e cantigas puramente tradicionais e sen moitas aderezos.

Pouco a pouco e co paso do tempo o grupo sentíu a curiosidade de investigar e fusionar os sons galegos con outros estilos de música con raíces parecidas como a irlandesa, escocesa ou a portuguesa. Despois de varios cambios tanto a nivel musical coma nos seus componentes, Birimbao chega a ter unha formación estable dende fai varios anos con seis músicos unidos por un mesmo proxecto : “transmitir a cultura galega por medio de composicións propias cheas dun selo único”.